'Maxi, a esencia de vivir' para entender a comunidade de parálise cerebral
O próximo sábado 8 de outubro terá lugar ás 20:00 horas na casa da Cultura do Concello de Salvaterra de Miño, o documental 'Maxi, a esencia de vivir' . Esta visualización está feita pola Asociación DisCamino cun excelente guión e unha brillante dirección a cargo de Víctor Bello.
Maxi, 'A Esencia de Vivir' é o documental que pretende ser un medio de comunicación entre a comunidade de parálise cerebral e o resto da sociedade, sendo Maxi un buque insignia para todas estas persoas que loitan a diario por integrarse e superarse. É unha forma de poñerse na pel destas persoas e experimentar seus logros, a súas dificultades, os seus soños... E tamén é un modo de achegarnos á realidade dunha sociedade que non está aínda preparada para a integración destas persoas, que ten que reeducarse ante a parálise cerebral e debe coñecer mellor o problema e implicarse nel o máximo posible.
Por todo iso, queremos convidarvos a que veñadas con entrada libre ata esgotar aforo, xa que nos permite ver a realidade dende outra perspectiva, moi necesaria para a práctica da empatía que tanta falta nos fai na sociedade actual.
Ficha Técnica:
GUIÓN & DIRECCIÓN: Victor Bello
REALIZACIÓN & EDICIÓN: Manuel Díaz Risco.
CÁMARAS: Juan Manuel Pichel & Maxi Contenti & Alberto Bello & Manuel Díaz Risco DIRECCIÓN MUSICAL: Germán Duarte & Manuel Díaz Risco PRODUCCIÓN EXECUTIVA: Victor Bello VOZ EN OFF: Maximiliano Masip & Suso Cobián