Encontro de nenos e maiores

DSC_0267
No encontro abordáronse aspectos didácticos das áreas sanitaria e social nos rangos de idade de cativos e maiores que se puxeron en práctica mediante varios xogos lúdicos. A xuntanza rematou coa actuación musical do Grupo de Baile e Gaitas Nosa Terra de Pereiras.

Os/as alumnos/as traballadores/as da especialidade de atención sociosanitaria do Obradoiro dual de Emprego “SOMOSMOS”, usuarios/as de AFAGA e alumnado de 6º curso de Educación Primaria do CEIP de Atín-Cela, participaron esta mañá no Multiusos das Pozas nunha xuntanza interxeracional, que dá continuidade ao proxecto “Atinando Recordos” que se iniciou en 2020 entre o colexio e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia.

No encontro abordáronse aspectos didácticos das áreas sanitaria e social nos rangos de idade de cativos e maiores que se puxeron en práctica mediante varios xogos lúdicos. A xuntanza rematou coa actuación musical do Grupo de Baile e Gaitas Nosa Terra de Pereiras.

Tratouse dunha iniciativa entrañable e inesquecible para as tres partes implicadas: usuarios de AFAGA e do Obradoiro Municipal de Emprego e alumnado de Atín-Cela.

O proxecto “Atinando Recordos” consiste en que nenos e maiores son amigos por correspondencia e naceu durante o confinamento. Os amigos por carta son: os cativos de 5º e 6º de Primaria do CEIP de Atín-Cela e os maiores usuarios de AFAGA.

Esta iniciativa ten dous obxectivos principais: fomentar a estimulación cognitiva das persoas que teñen alzhéimer ou outra demencia, e estreitar lazos de unión entre nenos e maiores, fomentando valores como o respecto e o agarimo cara aos avós e avoas.

Son un total de 41 alumnos os que contactan de forma mensual cos maiores de AFAGA, e a través das cartas vanse coñecendo e construíndo lazos de unión. Esta é una actividade entrañable que permite traballar aspectos tan importantes como a empatía, o cariño, o respecto… o que se convirte nunha experiencia inesquecible para ambas partes.

O CEIP de Atín conta cun buzón no centro para darlle visibilidade ao proxecto e para que o alumnado poida depositar e recoller as súas cartas. As mestras de 5º e 6º de Primaria responsables de este proxecto son Joana e Fani.

“A través das cartas, os maiores esfórzanse por atopar na súa memoria eses recordos pasados, esas anécdotas, os xogos, as tradicións, para poder contarllas ao seu alumno ou alumna. Así traballan a memoria e sérvelles de estimulación cognitiva e funcional, xa que son eles mesmos quen escribe as cartas a man”. 

Esta iniciativa ten dous obxectivos principais: fomentar a estimulación cognitiva das persoas que teñen alzhéimer ou outra demencia, e estreitar lazos de unión entre nenos e maiores, fomentando valores como o respecto e o agarimo cara aos avós e avoas. Os usuarios e usuarias que participan neste proxecto son as persoas que reciben estimulación nos centros de AFAGA. Cada maior ten asignado un alumno ou alumna do colexio de Atín, e entre eles se cartean, é dicir, sempre é o mesmo neno/a que escribe a un mesmo avó/a e viceversa. Desta forma hai continuidade nas historias e mellores resultados a nivel terapéutico.

Diana Rodríguez, traballadora social de Afaga e coordinadora do proxecto, explica que “a través das cartas, os maiores esfórzanse por atopar na súa memoria eses recordos pasados, esas anécdotas, os xogos, as tradicións, para poder contarllas ao seu alumno ou alumna. Así traballan a memoria e sérvelles de estimulación cognitiva e funcional, xa que son eles mesmos quen escribe as cartas a man”. Pola súa banda, Joana Pereiro, profesora de quinto de Primaria e responsable do proxecto por parte do CEIP, sinala que a finalidade é “poñer en valor aos nosos maiores, facendo que os alumnos se interesen por coñecer o seu pasado achegándoos así ás nosas tradicións. Os nenos poderán aprender como xogaban antigamente, como era o ensino, as festas, mesmo o seu propio pobo. Cremos que é importante unir a estas dúas xeracións, e xa que o momento actual obrigounos a distanciarnos fisicamente, isto é unha forma de poder achegalos. Ademais, con este proxecto poñemos en marcha un costume cada vez máis en desuso, comunicarse por carta, a emoción de escribilas e recibilas”.