Día de Rosalía, degustación do Caldo de Gloria
Ás 12 h presentarase a campaña de dinamización “Aquí tamén se fala” e de seguido comezará a Degustación do Caldo de Gloria.
O Concello do Porriño, a través das concellerías de Normalización Lingüística e Educación celebran un ano máis o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, escritora, poeta e referente absoluto da cultura galega. O fai colaborando coa actividade impulsada polos Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Pino Manso, IES Ribeira do Louro, CPR Hermanos Quiroga e CPR Santo Tomás.
O acto, no que participarán máis de 300 escolares, levarase a cabo o venres 23 de febreiro, na praza do Cristo, onde se instalará unha gran carpa por se chove e estará amenizado polo músico e cantautor Antón Ke.
Arrancará ás 10:35 h coa presentación da actividade seguida da lectura de manifestos e dos recitais poéticos dos centros. Ás 11:50 h Laura canta Alborada? E Caldo de Gloria.
Ás 12 h presentarase a campaña de dinamización “Aquí tamén se fala” e de seguido comezará a Degustación do Caldo de Gloria.