O Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal premiado no Concurso de Panxoliñas da Catedral de Tui
O primeiro premio foi para o Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal. O segundo premio foi para o Coro do colexio de Educación Infantil e Primaria de Pazos de Reis de Tui. O terceiro premio ex aequo foi para o Coro de alumnos/as e exalumnos/as do CEIP de Guillarei de Tui e o Coro Xuvenil da parroquia Nosa Señora do Rocío de Vigo.
A Catedral de Tui volveu acoller un certame tradicional de cada Nadal na cidade. O Concurso de Panxoliñas celebrou o martes 3 de xaneiro a súa vixésimo segunda edición e se pechou premiando coma gañador ao Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal.
A Catedral tudense resoou coas panxoliñas clásicas de Nadal e cos máis de 120 nenos e nenas das catro agrupacións participantes: o propio Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal, o Coro do Colexio de Educación Infantil e Primaria de Pazos de Reis de Tui, o Coro de alumnos e ex alumnos do CEIP de Guillarei e o Coro Xuvenil da parroquia Nosa Señora do Rocío de Vigo.
O concurso recuperaba o seu formato habitual logos das restricións da pandemia, sempre co obxectivo de revitalizar as tradicións navideñas entre os máis novos. Deste xeito, o xurado fallou os seus premiados na seguinte orde:
- O primeiro premio foi para o Coro Infantil da Agrupación Musical do Rosal
- O segundo premio foi para o Coro do colexio de Educación Infantil e Primaria de Pazos de Reis de Tui
- O terceiro premio ex aequo foi para o Coro de alumnos/as e exalumnos/as do CEIP de Guillarei de Tui e o Coro Xuvenil da parroquia Nosa Señora do Rocío de Vigo.
Segundo as bases deste certame, establecéronse tres premios por importe de 150, 100 y 50 euros respectivamente que foron entregados ao remate deste concurso. Asemade, dende la Asociación Amigos da Catedral de Tui agradecían a participación destas agrupaciones musicais e a gran resposta do público que se achegou a presencialo á Catedral de Tui.