Concertos musicais de verán coas Bandas de Música ponteareáns como grandes protagonistas

Banda de música Reveriano Soutullo.
As fins de semana dos meses de agosto e setembro, nos Xardíns da Xiralda, xunto ao edificio do Concello, haberá pasarrúas e concertos da Banda de Música A Unión de Guláns, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo e a Banda de Música Reveriano Soutullo. O tempo total estimado para cada unha das actuacións é de 1 hora, incluíndo o pasarrúas e o concerto posterior. A asistencia será de balde, gracias á colaboración da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Cultura.

O Concello de Ponteareas comeza este domingo o seu ciclo de concertos musicais de verán onde as Bandas de Música da vila serán as grandes protagonistas.

As fins de semana dos meses de agosto e setembro, nos Xardíns da Xiralda, xunto ao edificio do Concello, haberá pasarrúas e concertos da Banda de Música A Unión de Guláns, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo e a Banda de Música Reveriano Soutullo. O tempo total estimado para cada unha das actuacións é de 1 hora, incluíndo o pasarrúas e o concerto posterior. A asistencia será de balde, gracias á colaboración da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Cultura.

Na presentación participaron a alcaldesa, Nava Castro, que asegura que “ofrecer concertos das nosas bandas de forma gratuíta achega a cultura e a música a todas as persoas da vila, sen distincións”; o concelleiro de Cultura, Ricardo González, quen afirma que “estes concertos, realizados nun enclave tan fermoso como os Xardíns da Xiralda, marcarán un antes e un despois na vida cultural de Ponteareas” e estiveron presentes representantes das formacións musicais que farán posible este ciclo cultural de concertos.

A propia Nava Castro destacou que “un dos grandes obxectivos deste goberno é a defensa e promoción da cultura e das tradicións do noso pobo, neste caso o da música popular, xa que ademais somos berce de importantes figuras e un viveiro de novos talentos e de grandes intérpretes”. Desde o Concello convidan a toda a cidadanía e aos visitantes a sumarse a este ciclo de concertos, xa que se considera un atractivo cultural, musical e turístico para a vila.

As datas das actuacións

A continuación, as diferentes datas das actuacións neste ciclo de concertos:

  • Domingo 6 de agosto - BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO
  • Sábado 12 de agosto - BANDA DE MÚSICA A UNIÓN DE GULÁNS
  • Domingo 20 de agosto - BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO
  • Sábado 26 de agosto - BANDA DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO
  • Sábado 2 de setembro - BANDA DE MÚSICA A UNIÓN DE GULÁNS
  • Sábado 9 de setembro - BANDA DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO
  • Domingo 17 de setembro - BANDA DE MÚSICA XUVENIL DE XINZO
  • Sábado 23 de setembro - BANDA DE MÚSICA A UNIÓN DE GULÁNS
  • Sábado 30 de setembro - BANDA DE MÚSICA REVERIANO SOUTULLO