Concerto de Primavera de corais organizado pola Coral Polifónica San Blas de Budiño
21 de mayo de 2022 (23:42 h.)
O concerto dará comezo ás 19 h e a entrada é de balde.
A igrexa parroquial de Santa María do Porriño acolle este domingo o tradicional Concerto de Primavera de corais organizado pola Coral Polifónica San Blas de Budiño no seu XVIII aniversario.
O evento, que conta coa colaboración do Concello do Porriño, contará con dúas agrupacións ademais da anfitriona: a Coral Polifónica Perla del Atlántico (Vigo) e a Coral Polifónica Estradense (A Estrada).
O concerto dará comezo ás 19 h e a entrada é de balde.