Club Xadrez Mos, cinco medallas nos Campionatos Provinciais por Idades

1 ouro, 2 pratas e 2 bronces viñeron para a localidade mosense da man de Javier del Valle Crespo, Xabier Pérez Sousa, Óscar Morales Rejas, Carlos Pérez Méndez, e Alex Pino Fernández.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o concelleiro mosense de Deportes, José Areal, e o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, achegáronse na tarde do venres ata as instalacións do Club Xadrez Mos no antigo Centro Cultural de Torroso, para visitar aos rapaces e rapazas xadrecistas do clube (dos que un 20% son veciños do concello porriñés) durante os seus adestramentos e aproveitaron para felicitalos polos incribles resultados obtidos nos Campionatos Provinciais, de onde trouxeron para Mos nada máis e nada menos que un total de 5 medallas.

1 ouro, 2 pratas e 2 bronces viñeron para a localidade mosense da man de Javier del Valle Crespo, Xabier Pérez Sousa, Óscar Morales Rejas, Carlos Pérez Méndez, e Alex Pino Fernández.

Os Campionatos Provinciais por Idades 2022 celebráronse as fins de semana dos días 29 e 30 de xaneiro e 05 e 06 de febreiro en Vilagarcía de Arousa.

O Club Xadrez Mos enviou 49 participantes á competición e, deses 49, 23 clasificáronnse entre os 10 primeiros postos.

E, en total, conseguiron 5 medallas:

  • Javier del Valle Crespo, Ouro, en categoría Sub-14.
  • Xabier Pérez Sousa, Prata en categoría Sub-16.
  • Óscar Morales Rejas, Prata en categoría absoluta.
  • Carlos Pérez Méndez, Bronce en categoría sub-10.
  • Alex Pino Fernández, Bronce en categoría Sub-8.

Un ano máis, o Club Xadrez Mos foi un dos que enviou máis xogadores e xogadoras á competición, e dos que mellores resultados obtivo.

LIGA GALEGA

Por outra banda, o pasado sábado 12 febreiro comezou a Liga Galega por Equipos de Club, onde están a participar 9 equipos do Club Xadrez Mos, formados por un total de 64 xogadores e xogadoras.

A competición xógase a nivel autonómico, todos os sábados, ata o vindeiro sábado 23 de abril.