BecaMos, validar os coñecementos e habilidades prácticas no uso de Microsoft Office

Asistiron á xornada alumnos e alumnas do Programa Integrado de Emprego Mos 3.0. V edición.

O Concello de Mos (a través da concellería de Promoción Empresarial, Economía e Emprego que dirixe a edil Julia Loureiro), como entidade certificadora de Microsoft a través da Rede Conecta, á que se adheriu fai anos a través da Fundación Esplai, ofrece a posibilidade mediante probas oficiáis e de validez e recoñecemento a nivel internacional, acreditar os coñecementos fundamentais en informática e internet no caso do IC3 -GS5, e de validar os coñecementos e habilidades prácticas no uso de Microsoft Office, no caso de BecaMos, que é o Programa no que se encuadra as certificacións de Microsoft Office Specialist, sendo o validador, directamente Microsoft.

A semana pasada un representante en Galicia da Fundación Esplai, Miguel Rodríguez García, presentou o labor realizado pola Fundación Esplai, sobre todo dirixido á mocidade e a persoas maioes e colectivos desfavorecidos, en proxectos de entidade social relacionados coas novas tecnoloxías. O Concello de Mos ten o compromiso de participación en diversos proxectos sociais e tecnolóxicos xestionados por Fundación Esplai, e financiados por distintas administracións a nivel estatal e da comunidade autónoma – Consellería de Política social, e dirixidos a colectivos de maiores, mocidade e persoas inmigrantes.

Acompañouno na presentación Guadalupe Ordóñez, voluntaria dixital (desde o ano 2016) do Concello de Mos, a través de Programa de Voluntariado Dixital – Rede Amtega (Xunta), ao que está adherido o Concello. Guadalupe é a supervisora dos exames de certificación, e un grande apoio ao alumnado que se presenta aos exames.

Asistiron á xornada alumnos e alumnas do Programa Integrado de Emprego Mos 3.0. V edición, que se está a desenvolver durante este ano. Tamén asistiron algunas das persoas dun grupo de persoas alleas ao Programa e que se van a presentar tanto aos exames de BecaMos como IC3.

Os grupos preparatorios destas probas para obter a certificación oficial son 2: un de membros do Programa Integrado de Emprego, formado por 10 persoas, que comezou as sesións de preparación a semana pasada; e outro, integrado por outros 10 alumnos/as, que son persoas alleas ao Programa interesadas en obter as devanditas certificacións, e que comezan esta mesma tarde a formación preparatoria para poder presentarse aos exames. Polo tanto, no proxecto BecaMos e IC3 2020 participan un total de 20 usuarios/as. As probas examinatorias celebraranse en dúas convocatorias que terán lugar a finais do presente mes de outubro e comezos do vindeiro mes de novembro.

O Concello de Mos aposta desde fai anos por mellorar as competencias daquelas persoas que demandan activamente emprego, e una parte fundamental e que se traballa de forma continuada son as competencias tecnolóxicas relacionadas co emprego.