Arévalo anima aos mosenses a alegar á modificación do PXOM

O concelleiro mosense de Urbanismo Alberto Méndez e a alcaldesa, Nidia Arévalo.

O prazo de alegacións á

modificación nº1 do PXOM de Mos abriuse o pasado 29 de novembro

de 2019 e, a falla de sete días para que remate dito prazo (finaliza o 28

de xaneiro), presentouse a cifra de 14 alegacións, na súa

maioría de particulares. Por outra banda tamén presentaron as súas alegacións

asociacións como Verdegaia (un total de 2), Ecoloxistas en Acción

(2 tamén) e 1 da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).

Tamén presentou o seu documento de alegacións á modificación puntual do Plan

Xeral mosense, o grupo municipal GañaMos. (Cómpre destacar que ningunha

das tres asociacións que presentou alegacións ata o de agora é de Mos,

todas son de fóra do municipio e alleas ao mesmo).

Sen contar estas últimas 6

alegacións presentadas por colectivos, tan só se

presentaron ata a data de hoxe, 8 alegacións de particulares; e

entre estes particulares que alegaron ata o de agora, algúns presentaron varias

alegacións ao seu nome.

Excepto algunha máis específica,

a maioría das alegacións son moi xenéricas, pouco concretas e sen

respaldo técnico.

De momento non hai alegacións

técnicas de consideración e as existentes aluden de forma xeral á clasificación

do solo rústico forestal e aos recursos da zona falando de auga, paisaxe,

patrimonio cultural e mobilidade; aludindo tamén á posible contaminación

acústica e impacto ambiental.

Desde o Concello de Mos a

alcaldesa, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Urbanismo, Alberto Méndez, como

representante deste departamento municipal, declaran que “estamos no momento

de escoitar o que alega a veciñanza e recibir os informes

sectoriais solicitados” e lembran que “mentres non sexan todos os

informes favorables non se dará o seguinte paso”.

A rexedora local

mosense insiste que “nos atopamos no momento que eu tanto tempo levaba

avanzando, atopámonos no tempo de que todo o mundo poida falar e sexa

escoitado”.

Por último, Arévalo e Méndez, animan

aos veciños e veciñas interesados en alegar a que o fagan. Xa que

ven tamén nas alegacións un aspecto positivo, posto que “mediante

as mesmas pódense aportar ideas, solucións e/ou alternativas para mellorar o

documento; e consideran que toda contribución para mellorar é

benvida”.