Arbo homenaxea nunha gala aos que loitaron contra a Covid
Durante o acto, o Concello de Arbo entregou e, así como dos diplomas acreditativos aos voluntarios e voluntarias que colaboraron con esta institución na loita contra a pandemia.
Un acto moi emotivo tivo lugar na Praza do Concello o pasado 8 de agosto, que ante 300 persoas asistentes entre as que se encontraban 100 voluntarios e baixo un protocolo moi estricto anti-covid, se puido gozar dun ambiente de solidaridade e orgullo dunha Vila
O acto arrancou coa entrega de agasallos aos alumnos do CEIP Antonio Carpinteiro, aos gañadores do Concurso de redacción e debuxo da LX Festa da Lamprea, aos premios dos concursos da LX Festa da Lamprea e do Certame “Brais Alonso”, despois dunha peza musical que deron o grupo de Chelo e clarinete da U.M Valladares, pasou a dar a benvida aos voluntarios e voluntarias que accederron ao escenario para recoller o seu diploma acreditativo pola labor desenvolvida durante o covid.
Ante o aumento da demanda de material de protección contra o Coronavirus e das dificultades para conseguir e cubrir as necesidades existentes que hai do mesmo tanto en Arbo como en toda España, o Concello de Arbo puxo en marcha unha iniciativa coa colaboración veciñal para a confección mascarillas reutilizables, a partir de tea de uso sanitario financiado polo Concello de Arbo. Un total de 64 costureiras puxeronse a disposición do Concello de Arbo, para tecer mascarillas que foron repartidas entre os veciños e veciñas de Arbo, locais comerciais, empresas..... e todas elas merecían un recoñecemento e que os arvenses coñecesen os seus nomes – Afirma o alcalde Horacio Gil
Nas súas intervencións a Directora Xeral e o Deputado Provincial, puxeron de exemplo ao Concello de Arbo, ao goberno municipal e ao pobo arbense polo seu comportamento exemplar, sendo un modelo de referencia para outros concellos de Galicia, por como conseguiron entre todos, ser unha Zona Cero durante a crise sanitaria.
Os tractores e traballadores que habitualmente se moven entre viñedos puxéronse ao servizo do Concello para a loita contra o coronavirus.
Tres adegas do municipio de Arbo, adegas Marqués de Vizhoja, As Laxas e Pazo Pondal, puxeron ao dispor do Concello a súa maquinaria e persoal para colaborar na desinfección cos produtos sanitarios adquiridos polo cncello, en rúas, marquesiñas e lugares de concentración de persoas e coordinados polo alcalde do Concello de Arbo, púidose acceder a todos os recunchos do municipio- informa o alcalde Horacio Gil - Tamen pequenos viticultores quixeron sumarse á loita do COVID-19 e puxéronse tamien ao dispor da administración local arbense, que entregaba os produtos sanitarios (adquiridos con fondos propios do Concello), e os viticultores ponian a súa maquinaria e man de obra.
Como alcalde de Arbo, sintome moi orgulloso polo comportamento exemplar de todos os veciños e veciñas de Arbo, porque xuntos fomos quenes de superar esta crise, agora sigo pedindo responsabilidade e seguir cumprindo as recomendacións das autoridades sanitarias, o goberno de España e a Xunta de Galicia – remata o rexedor.
Todos os traballos coordinados e supervisados polo propio alcalde, Horacio Gil, que agradeceu dende un primeiro momento a colaboración e solidariedade que os arbenses demostrando desde os primeiros días do decreto de alarma sanitaria cando o Concello elaborou o plan de limpeza e desinfección co fin de minimizar riscos de contaxio.
Ao remate do acto, o alcalde de Arbo, acompañado de toda a corporación municipal, a directora xeral e o deputado provincial, ademaís de autoridades civis e militares, destapaban a praca de arbense distinguido, mentras soaba o himno de Galicia.
Enlace de un momento de la Gala https://www.youtube.com/watch?v=APg_jeKhKIY