BANASTRA
en colaboración coa concellería de Promoción Económica do concello de
Ponteareas entregou os premios da ruta gastronómica Bocados de Outono 2019 que
recoñeceron non só a tapa máis valorada polo público se non tamén á clientela
co sorteo de cinco premios.
O
Bocado de Outono da cafetería Balú foi o gañador do concurso de tapas e o que
máis puntos obtivo. A súa tosta de lacón con tetilla e bocado de cogomelos con
gulas conquistou o paladar da maioría dos participantes nesta edición.
Inma
Viejo en representación de BANASTRA, o alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e
a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil entregaron ademais os premios do
público a Dionisio Márquez que levou o primeiro premio cun vale de 150€ para
comprar no comercio local e tamén o cuarto premio do sorteo consistente nun
lote de produtos da Feira de Outono. O concello tamén entregou o segundo e
terceiro premio en forma de vales para canxear nos locais de hostalería
participantes por valor de 50€ para Paula Vila e para Eva Cameselle,
respectivamente. O quinto premio foi para Roberto Davila quen tamén desfrutará
dun lote de produtos da Feira de Outono.
Nun
exercizo de transversalidade a concellería de Promoción Económica promoveu
tamén o comercio local e os negocios da hostalería participante de xeito que os
vales entregados son para canxear únicamente no comercio da nosa vila e para
promocionar os nosos produtos locais e de tempada.
Eva
Gil adianta que nestes días comezarán xa a traballar na vindeira edición
recabando información cos e coas asistentes e coa hostaleria para facer as
melloras necesarias para que a ruta medre e cada ano sexa mellor.