A Reveriano Soutullo presenta as súas mellores melodías
A banda Reveriano Soutullo encherá de música a praza Fernández Vega de Ponteareas este sábado ás 20.00 horas. A agrupación presentará as súas mellores melodías para todos os públicos, xa que conta cun amplo repertorio adaptado a todas as idades, entre o que se pode escoitar música galega de sempre, con pezas de compositores ponteareáns, pero tamén con títulos máis modernos. A entrada é de balde.
A banda de música debe o seu nome ao histórico compositor ponteareán, Reveriano Soutullo, unha das figuras musicais máis influínte e importante de principios do século pasado. Na súa grande obra o compositor sempre gardou unha gran relación coa música tradicional do país, como a banda á que lle da nome, e aportou vairas creación propias e instrumentacións do repertorio internacional en certames de bandas de música e orfeóns de Galicia. Todo esta traxectoria exemplificase nunha das súas cancións máis coñecidas: “Pasodobre de Ponteareas”.