A mosense Patricia Martínez, bailarina profesional, agasallada no seu Concello
Esta mañá celebrouse a recepción
á bailarina mosense Patricia Martínez, en
recoñecemento polo novo título de Campioa de España Profesional Standard 2019.
Tivo lugar no salón de sesións do
Concello de Mos coa presenza da Campioa Patricia Martínez, Nidia Arévalo,
alcaldesa de Mos,
Begoña Toucedo, concelleira de
Deportes, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura, demais
membros do equipo de goberno local e demais
membros da Corporación Municipal.
Con este, Patricia suma 15 títulos
de Campioa de España de Baile Deportivo: 14 en categoría Amateur e este último,
o primeiro, en categoría Profesional.
O Campionato de
España Profesional Standard 2019 desenvolveuse en Guadalaxara durante o Spanish Open,
concretamente o domingo 8 de decembro.
O día anterior, o sábado 7 de
decembro, Martínez e a súa parella de baile disputaron en Ferrara, Italia, unha
competición internacional onde conseguiron o 5° posto na final. Grazas a ese 5º
posto sumaron os puntos suficientes para clasificarse dentro das 20 mellores
parellas do mundo segundo o ranking mundial.
Actualmente en España a Categoría
Profesional está formada por 3 parellas da Modalidade Standard e 5 parellas da
Modalidade Latinos. Sobre a súa participación no Campionato nacional a
bailarina mosense declarou que “a pesar de que bailar o Campionato de España
non estaba nos nosos plans, xa que só levamos 4 meses bailando, pero como a
Federación insistiu moito na nosa participación, finalmente decidimos
participar, e pola miña banda foi moi gratificante volver bailar no meu país e
máis aínda volver traer o ouro para Mos”.
Patricia Martínez é unha das atletas
con mellor carreira deportiva do territorio español.