A Comunidade de Montes de Tameiga ten que prorrogar o canon en vigor de cada un dos contratos das empresas de Monte Faquiña durante outros 25 anos

A orde inclúe no concepto de sectores estratéxicos ás actividades afectadas de xeito especial pola actual situación sanitaria.

Sentenza favorable aos empresarios de Monte Faquiña cuxo fallo obriga á Comunidade de Montes de Tameiga a prorrogar o canon en vigor de cada un dos contratos das empresas durante outros 25 anos, ao tempo que condea a esta Comunidade de Montes en Man Común á imposición das costas causadas.

Na sentenza faise referencia explícita e literalmente a que para este fallo foi “meridianamente clara a declaración da alcaldesa de Mos”, moi contundente na súa declaración como testemuña.

Precisamente Nidia Arévalo declara a este respecto que “era de xustiza para os empresarios, e necesario para Mos, que eu acudise a declarar neste xuízo en calidade de testemuña”.

A rexedora local felicitou aos empresarios, deulles a noraboa e transmitiulles que “o Concello de Mos está satisfeito e, aínda que cabe recurso, este é un motivo de esperanza e o primeiro paso para a consolidación dos máis de 700 postos de traballo que estaban en perigo; e para preservar o patrimonio desta parte do empresariado mosense, no que levan investido máis de 20 millóns de euros en 10 anos”.

“É unha gran noticia para o futuro de Mos, para o emprego e para a nosa economía local”, concluiu Arévalo.