200 patinadores de 3 a 20 anos dánse cita en Mos

Presentación Xogapatín.

Esta mañá celebrouse no Salón de Sesións do Concello de Mos a presentación do certame Xogapatín organizado polo Club Vagalume Celtamotor e patrocinado pola Xunta de Galicia.

Na presentación estiveron presentes a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Daniel Benavides, o concelleiro de Deportes de Mos, José Areal, o coordinador de deporte escolar en Vigo, José Manuel Freire Piñeiro e representantes dos clubes e colexios participantes no Xogapatín, entre eles o presidente do Vagalume e a presidenta do clube mosense Rosaleira.

O certame de exhibicións de patinaxe artística, Xogapatín, celebrarase o vindeiro domingo, 22 de maio, de 16.30 horas a 21.30 horas no Pavilón Óscar Pereiro.

Participarán 200 patinadores e patinadoras de entre 3 e 20 anos de idade pertencentes a 5 clubes e colexios da Área de Vigo:

  • Vagalume Celtamotor.
  • Rosaleira
  • Colexio Josefa Alonso
  • Colexio Salesianos
  • Colexio García Barbón

 

O público poderá acceder ao certame a partir das 19.00 horas da tarde.