200 participantes beneficiaranse de 21 cursos do programa mosense Tempo de lecer
Un total de 16 Asociacións son as que retoman os cursos Tempo de Lecer; un programa exitoso no municipio no que se imparten todo tipo de cursos nas diferentes asociacións, veciñais, culturais, xuvenís, de mulleres, etc... axudando así ás asociacións e conseguindo o principal obxetivo que é unha mellora do uso e disfrute do tempo libre dos participantes, a través da aprendizaxe, do traballo en equipo é do fomento da creatividade nos diferentes campos de actuación social.
Serán máis de 200 participantes os que se beneficiaran de este programa cun total de 21 cursos que foran suspendidos o 13 de marzo motivado pola pandemia.
Asi é que esta semana a Asociación de Palilleiras de Mos retomou os seus cursos de Pastwork e encaixe de Palillos. A Asociación Cultural e Social de Herville o tan necesario curso de Primeiros auxilios, a Asociación Veciñal Santa Baia decántouse polos cursos de Costura e patronaxe, tamen no Pazo de Mos impartiráse cestería e Inglés.
Asociacións como a de Mulleres Rurais elixe nestes tempos un curso ao aire libre de Sendeirismo.
As asociacións veciñais de Guizán e San Rafael retoman así os seus cursos de pitates, e o Grupo de Baile Nosa Terra o de Percusión.
Tamén están os atrevidos, capaces de subirse a un esceario e polo tanto decántanse polo curso de teatro, como é o caso da Asociación Veciñal de Celado.
E así, con todas as medidas de seguridade, pouco a pouco, un total de 16 asociacións e de 202 participantes, retoman as actividades, despois de que por parte da Técnica de prevención do Concello de Mos supervisara os locales onde se van a realizar estes curso.
O pasado 29 de setembro tamén se lle impartiu unha xornada de prevención aos monitores que van a estar ao frente das distintas actividades e poder deste xeito, saber como actuar en caso de un posible positivo. Ademais de todas as medidas de prevención que se puxeron en marcha o Concello de Mos, pídelle responsabilidade á veciñanza que participa para que estas actividades sexan o máis seguras posibles.
A Alcaldesa de Mos, pola súa parte, quixo poñer en valor ás persoas que actualmente están ao frente das directivas das Asociacións e que traballan cada día para que os cursos sexan unha realidade.