19 alfombristas, medalla de prata
Ponteareas continúa preparando todo para un Corpus Christi que volve á normalidade. A apenas dúas semanas da celebración máis grande da vila, o Concello aprobou por unanimidade en pleno a concesión das medallas de prata do Corpus 2022 ás e aos alfombristas propostos polas entidades de cada tramo así como a entrega da medalla de honra in memorian a María de la Concepción Ojea Sarmiento polo seu labor a prol do corpus ponteareán ao longo da súa vida. Un galardón que reflicte “un sentir común e o esforzo de todas e todos os alfombristas, que coa súa unión conseguen que a maior obra de arte colectiva da nosa vila engalane as nosas rúas cada ano”, explica a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.
Pola súa banda, o concelleiro de Eventos, Miguel Bouzó, deu os parabéns a todas e todos os premiados e agradeceu “todo ese traballo que fan desinteresadamente porque grazas ao seu esforzo, á súa paixón e á súa entrega é posible que ano tras ano as alfombras florais de Ponteareas sigan namorando a todo o mundo con esa gran mostra de arte efémera”.
Este ano, as 18 persoas galardoadas coa medalla de prata do Corpus Christi a proposta de cada tramo alfombrado son:
- María Nieves Domínguez Fortes polo primeiro tramo da Praza Maior.
- Óscar Porto Lavandeira polo Cantón de Boavista.
- Jesús Saubeira Brea, pola Anpa Pena do Equilibro.
- Dámaso Ignacio Benítez Fernández, pola alfombra da Orotava.
- María del Carmen Cubillas Lamora , polo tramo Ferreiros San Roque.
- Adelaida Díaz Martín, polo primeiro tramo de Ferreiros.
- Margarita Chabert Pena, pola rúa Oriente.
- María Rocío Rodríguez Tellado, por Santa Bárbara de Prado.
- María Paz Varela Malga, pola Fonte do Baratillo.
- Olga Rodríguez Cuevas , pola Asociación de Veciños A Pena do Equilibrio.
- Vanesa Bernárdez Groba, por Fernández Vega.
- Rosana González Carballido, polo tramo de Reveriano Soutullo.
- Josefa Estrella Rodríguez, pola rúa Constitución.
- Pilar Consuelo Ucha Groba, pola Praza Maior.
- José Antonio Cristóbal Barrio, pola Praza de Bugallal.
- José Luis Rey Lamas, polo Cruceiro San Roque.
- Azucena de la Fuente Mateo, polo tramo da Castiñeira.
- Bienvenida Martínez Abal, polas Monxas Reveriano Soutullo.