Sanidade establece o nivel máximo de restricións nos concellos de Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos
26 de mayo de 2021 (13:40 h.)
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar o establecemento do nivel máximo de restricións nos concellos de Lobios, A Pobra do Caramiñal e Mos.
Así mesmo, o comité tamén determinou o nivel alto de restricións nos municipios de Ribeira, Ordes, Moraña, Ponte Caldelas e Viveiro.
Ademais, as medidas do nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos do Barco de Valdeorras, Moaña, Ponteareas, Cambados, Bueu, Boiro, Rianxo, Cee, Xove, Cervo, Vilalba e Monforte
No resto dos concellos galegos estarán vixentes as restricións fixadas no nivel medio-baixo.
Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00,00 horas do vindeiro sábado, 29 de maio.