Rianxo, ao nivel máximo de restricións

Os concellos de Muxía, Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa pasan ao nivel básico polo que quedarían libres da limitación de mobilidade.

O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, que o concello de Rianxo pasa ao nivel máximo de restricións.

Así mesmo, dediciu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Muxía, Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.

Igualmente, o comité clínico acordou que o concello de Moaña, descendo ao nivel medio de restricións.

Ademais do antedito, os concellos de Vilalba, Tui e Ponteareas baixan ao nivel medio alto de restricións.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou manter unha vixilancia especial en Verín e implementala nos concellos de Aranga, Noia, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros e Xinzo de Limia.

Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia de mañá martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.

Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

Mañá martes a Consellería de Sanidade informará da actualización de medidas do Plan de Nadal para Galicia.