Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron 4

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 24.102 deles 5.153 son da área da Coruña, 2.743 da de Lugo, 2.816 da de Ourense, 2.654 da de Pontevedra, 4.928 da área de Vigo, 4.187 da de Santiago e 1.362 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 31 están en UCI, 546 en unidades de hospitalización e 23.525 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 462.043 persoas curadas, rexistrándose 3.079 falecementos.

Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus foron:
Día 17 de febreiro:
Home de 99 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.

Día 18 de febreiro
Muller de 79 anos na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

Día 20 de febreiro
Home de 89 anos, na área sanitaria da Coruña e Cee.
Home de 68 anos, na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

Todas estas persoas tiñan patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 3.674.570.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.520.500.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.