Os protocolos de prevención e resposta dos que dispón Galicia para as residencias de maiores
24 de agosto de 2020 (22:13 h.)
A conselleira de Política Social en funcións, Fabiola García, destacou os protocolos de prevención e resposta dos que dispón a Xunta de Galicia para as residencias de maiores e persoas con discapacidade. Fíxoo durante a videoconferencia que mantivo co secretario de Estado de Dereitos Sociais, Ignacio Álvarez, e o resto de Comunidades Autónomas.
Ademais, Galicia reclamou do Goberno central máis financiamento para adaptar as residencias e os demais servizos sociais á nova realidade. Solicitouse tamén que a Administración estatal dea a coñecer os datos do impacto do coronavirus nas residencias, que as comunidades autónomas comezaron a achegar hai máis de catro meses e que aínda non se fixeron públicos.