O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas en Galicia é de 1,9M
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.206, deles 361 son da área da Coruña, 268 da de Lugo, 164 da de Ourense, 248 da de Pontevedra, 662 da área de Vigo, 400 da de Santiago e 103 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 21 están en UCI, 90 en unidades de hospitalización e 2.095 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 122.396 persoas curadas, rexistrándose 2.420 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.260.108.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.902.299.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 451 AULAS PECHADAS 15 CENTROS PECHADOS 0
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.