O número de casos activos de coronavirus na área de Vigo, 945
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.106, deles 710 son da área da Coruña, 228 da de Lugo, 269 da de Ourense, 491 da de Pontevedra, 945 da área de Vigo, 364 da de Santiago e 99 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 163 en unidades de hospitalización e 2.892 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 117.041 persoas curadas, rexistrándose 2.390 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.065.796.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.165.613.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 3.106 6 usuarios 2 profesionais FALECEMENTOS 2.390 355 en residencias 435 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.