sábado. 23.11.2024

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.948 deles 1.430 son da área da Coruña, 829 da de Lugo, 419 da de Ourense, 1.025 da de Pontevedra, 1.842 da área de Vigo, 807 da de Santiago, e 596 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 61 están en UCI, 337 en unidades de hospitalización e 6.550 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 45.712 persoas curadas, rexistrándose 1.246 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 927.833.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS6.948          368 usuarios
         193   profesionais
FALECEMENTOS1.246         216   en residencias
         306   en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOSTOTAL GALICIA
 NÚMERO DE POSITIVOS931
 AULAS PECHADAS47
 CENTROS PECHADOS4

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.

O número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.948