Iniciase a vacinación contra a covid-19 en Galicia na residencia de Porta do Camiño
27 de diciembre de 2020 (17:37 h.)
A Xunta de Galicia puxo en marcha hoxe a campaña de vacinación contra a covid-19 na Comunidade. Unhas 150 persoas entre usuarios e traballadores recibiron no día de hoxe a primeira dose da inxección.
Nieves Cabo Vidal, usuaria da residencia de maiores Porta do Camiño de Santiago de Compostela, seguida polo oficial de cociña do mesmo centro, José Antonio Fuentes Arcay, foron as primeiras persoas vacinadas de Galicia fronte á covid-19.