Galicia tiene 8.157 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.074, deles 516 son da área da Coruña, 117 da de Lugo, 321 da de Ourense, 108 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 424 da de Santiago, e 76 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 21 permanecen en UCI, 123 están en unidades de hospitalización e 1.930 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.157 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 120.424

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS2.074     231 (usuarios)
     154 (profesionais)
FALECEMENTOS601     132 (en residencias)
     137 (en hospitais e residencias integradas)

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,9% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.