Galicia ten 8.283 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.008, deles 494 son da área da Coruña, 122 da de Lugo, 320 da de Ourense, 107 da de Pontevedra, 478 da área de Vigo, 413 da de Santiago, e 74 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 22 permanecen en UCI, 111 están en unidades de hospitalización e 1.875 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 8.283 persoas curadas, rexistrándose 601 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 122.456.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS2.008      197 (usuarios)
      147 (profesionais)
FALECEMENTOS601      132 (en residencias)
      137 (en hospitais e residencias integradas)

O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,8% do total das persoas residentes.

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.