Galicia ten 7.445 persoas curadas, rexistrándose 593 falecementos
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.631, deles 606 son da área da Coruña, 161 da de Lugo, 405 da de Ourense, 138 da de Pontevedra, 697 da área de Vigo, 517 da de Santiago, e 107 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 26 permanecen en UCI, 191 están en unidades de hospitalización e 2.414 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.445 persoas curadas, rexistrándose 593 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 116.144.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 2.631 334 (usuarios) 217 (profesionais) FALECEMENTOS 593 132 (en residencias) 137 (en hospitais e residencias integradas)
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 1,3% do total das persoas residentes.
Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.