Galicia ten 7.225 persoas curadas, rexistrándose 591 falecementos
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia ascende a 2.758, deles 650 son da área da Coruña, 166 da de Lugo, 426 da de Ourense, 147 da de Pontevedra, 754 da área de Vigo, 500 da de Santiago, e 115 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 24 permanecen en UCI, 183 están en unidades de hospitalización e 2.551 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 7.225 persoas curadas, rexistrándose 591 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 113.167.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 2.758 348 (usuarios) 236 (profesionais) FALECEMENTOS 591 132 (en residencias) 135 (en hospitais e residencias integradas)
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 1,4% do total das persoas residentes.
Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.