Galicia rexistra un total de 907 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 907 deles 248 son da área da Coruña, 72 da de Lugo, 229 da de Ourense, 76 da de Pontevedra, 126 da área de Vigo, 78 da de Santiago e 78 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 11 están en UCI, 35 en unidades de hospitalización e 861 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.445 persoas curadas, rexistrándose 2.655 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.921.910.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.563.717.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.