Galicia rexistra un total de 9.895 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 9.895 deles 1.737 son da área da Coruña, 1.049 da de Lugo, 1.152 da de Ourense, 1.137 da de Pontevedra, 2.388 da área de Vigo, 1.338 da de Santiago, e 1.094 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 79 están en UCI, 498 en unidades de hospitalización e 9.318 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 28.964 persoas curadas, rexistrándose 960 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 722.912.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 9.895 469 (usuarios) 282 (profesionais) FALECEMENTOS 960 177 (en residencias) 237 (en hospitais e residencias integradas)
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 1256 AULAS PECHADAS 54 CENTROS PECHADOS 1
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.