Galicia rexistra un total de 827 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 827, deles 463 son da área da Coruña, 84 da de Lugo, 54 da de Ourense, 45 da de Pontevedra, 116 da área de Vigo, 45 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 35 en unidades de hospitalización e 789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 11.476 persoas curadas, rexistrándose 622 falecementos. A última persoa falecida trátase dunha muller de 89 anos da área sanitaria da Coruña.

O número de PCR realizadas é de 269.448.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS827    3 usuarios
    2 profesionais
FALECEMENTOS622 132 en residencias
 140 en hospitais e residencias integradas

Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.