Galicia rexistra un total de 8.953 casos activos por coronavirus

ARCHIVO.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.953 deles 2.384 son da área da Coruña, 1.437 da de Lugo, 708 da de Ourense, 689 da de Pontevedra, 1.773 da área de Vigo, 1.320 da de Santiago e 642 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 194 en unidades de hospitalización e 8.704 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 166.050 persoas curadas, rexistrándose 2.557 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.728.327.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.047.960.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.