Galicia rexistra un total de 8.363 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.363 deles 1.432 son da área da Coruña, 801 da de Lugo, 1.394 da de Ourense, 899 da de Pontevedra, 1.758 da área de Vigo, 1.322 da de Santiago, e 757 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 69 están en UCI, 407 en unidades de hospitalización e 7.887 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 26.537 persoas curadas, rexistrándose 902 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 672.435.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 8.363 422 (usuarios) 237 (profesionais) FALECEMENTOS 902 176 (en residencias) 217 (en hospitais e residencias integradas)
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 981 AULAS PECHADAS 47 CENTROS PECHADOS 2
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.