Galicia rexistra un total de 7.812 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 7.812 deles 1.993 son da área da Coruña, 1.402 da de Lugo, 695 da de Ourense, 529 da de Pontevedra, 1.347 da área de Vigo, 1.317 da de Santiago e 529 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 52 están en UCI, 156 en unidades de hospitalización e 7.604 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 168.473 persoas curadas, rexistrándose 2.570 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.747.022.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.093.105.
Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.