Galicia rexistra un total de 62.693 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 62.693. deles 11.804 son da área da Coruña, 6.311 da de Lugo, 7.806 da de Ourense, 7.530 da de Pontevedra, 13.745 da área de Vigo, 11.472 da de Santiago e 4.025 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 358 en unidades de hospitalización e 62.284 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 212.570 persoas curadas, rexistrándose 2.813 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.402.344.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.943.838.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.