Galicia rexistra un total de 61.635 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 61.635 deles 11.597 son da área da Coruña, 6.182 da de Lugo, 7.454 da de Ourense, 7.494 da de Pontevedra, 13.559 da área de Vigo, 11.355 da de Santiago e 3.994 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 51 están en UCI, 343 en unidades de hospitalización e 61.241 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 210.078 persoas curadas, rexistrándose 2.805 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 3.393.915.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 5.916.483.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.