Galicia rexistra un total de 60.720 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 60.720 deles 13.323 son da área da Coruña, 6.205 da de Lugo, 6.129 da de Ourense, 6.785 da de Pontevedra, 15.661 da área de Vigo, 9.703 da de Santiago e 2.914 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 41 están en UCI, 663 en unidades de hospitalización e 60.016 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 360.814 persoas curadas, rexistrándose 2.939 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 3.561.859.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 6.427.497.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.