Galicia rexistra un total de 6.772 casos activos por coronavirus

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 6.772, deles 2.185 son da área da Coruña, 702 da de Lugo, 438 da de Ourense, 930 da de Pontevedra, 1.056 da área de Vigo, 742 da de Santiago e 719 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 121 están en UCI, 465 en unidades de hospitalización e 6.186 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 102.806 persoas curadas, rexistrándose 2.205 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.647.696.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 189.993.

A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.

 TOTAL GALICIADENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS
NÚMERO DE CASOS6.772               78 usuarios
               34 profesionais
FALECEMENTOS2.205               352 en residencias
               429 en hospitais e residencias integradas

Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.

CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOSTOTAL GALICIA
NÚMERO DE POSITIVOS1.243
AULAS PECHADAS31
CENTROS PECHADOS1

Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.