Galicia rexistra un total de 569 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 569, deles 139 son da área da Coruña, 38 da de Lugo, 52 da de Ourense, 15 da de Pontevedra, 193 da área de Vigo, 112 da de Santiago, e 20 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 1 permanecen en UCI, 23 están en unidades de hospitalización e 545 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.148 persoas curadas, rexistrándose 618 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 147.188.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 569 28 (usuarios) 21 (profesionais) FALECEMENTOS 618 132 (en residencias) 142 (en hospitais e residencias integradas)
O número de casos de coronavirus detectados en centros residenciais de servizos sociais de Galicia supoñen o 0,1% do total das persoas residentes.
Na xornada de onte non se rexistraron falecementos en centros residenciais.
** Unha das persoas finadas en hospital procedente dunha residencia xa estaba incluída no cómputo global de éxitus de onte. Hoxe coñécese que esta persoa procedía dunha residencia e por iso se suma ao cómputo de falecidos de residencia en hospital, pero non se volve sumar ao cómputo global.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.