Galicia rexistra un total de 512 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 512 deles 142 son da área da Coruña, 39 da de Lugo, 106 da de Ourense, 61 da de Pontevedra, 75 da área de Vigo, 52 da de Santiago e 37 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 5 están en UCI, 23 en unidades de hospitalización e 484 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.095 persoas curadas, rexistrándose 2.652 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.896.884.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.478.093.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.