Galicia rexistra un total de 5.716 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.716, deles 901 son da área da Coruña, 381 da de Lugo, 558 da de Ourense, 907 da de Pontevedra, 1.232 da área de Vigo, 1.355 da de Santiago, e 382 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 273 en unidades de hospitalización e 5.388 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 54.065 persoas curadas, rexistrándose 1.363 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.088.871.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 5.716 105 usuarios 126 profesionais FALECEMENTOS 1.363 240 en residencias 331 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.