Galicia rexistra un total de 5.680 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.680, deles 1.029 son da área da Coruña, 444 da de Lugo, 573 da de Ourense, 816 da de Pontevedra, 1.137 da área de Vigo, 1.369 da de Santiago, e 312 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 55 están en UCI, 296 en unidades de hospitalización e 5.329 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 55.910 persoas curadas, rexistrándose 1.393 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.113.655.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 5.680 123 usuarios 109 profesionais FALECEMENTOS 1.393 241 en residencias 335 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.