Galicia rexistra un total de 5.653 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.653, deles 907 son da área da Coruña, 462 da de Lugo, 448 da de Ourense, 869 da de Pontevedra, 1.343 da área de Vigo, 1.054 da de Santiago, e 570 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 301 en unidades de hospitalización e 5.299 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 50.555 persoas curadas, rexistrándose 1.323 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.008.260.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 5.653 203 usuarios 159 profesionais FALECEMENTOS 1.323 233 en residencias 327 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 899 AULAS PECHADAS 65 CENTROS PECHADOS 4
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.