Galicia rexistra un total de 466 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 466 deles 147 son da área da Coruña, 60 da de Lugo, 73 da de Ourense, 26 da de Pontevedra, 87 da área de Vigo, 64 da de Santiago e 9 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 33 en unidades de hospitalización e 423 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 179.572 persoas curadas, rexistrándose 2.644 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.864.809.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.405.301.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.