Galicia rexistra un total de 4.686 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.686, deles 1.543 son da área da Coruña, 427 da de Lugo, 284 da de Ourense, 683 da de Pontevedra, 771 da área de Vigo, 519 da de Santiago e 459 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 97 están en UCI, 375 en unidades de hospitalización e 4.214 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 105.988 persoas curadas, rexistrándose 2.256 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 1.684.590.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 233.316.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 4.686 38 usuarios 11 profesionais FALECEMENTOS 2.256 354 en residencias 432 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 796 AULAS PECHADAS 34 CENTROS PECHADOS 0
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.