Galicia rexistra un total de 4.569 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.569, deles 770 son da área da Coruña, 467 da de Lugo, 1.592 da de Ourense, 419 da de Pontevedra, 534 da área de Vigo, 639 da de Santiago, e 148 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 223 en unidades de hospitalización e 4.304 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.550 persoas curadas, rexistrándose 803 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 566.061.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 4.569 419 (usuarios) 142 (profesionais) FALECEMENTOS 803 155 (en residencias) 193 (en hospitais e residencias integradas)
Na xornada de onte rexistrouse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores Val de Monterrei (Monterrei) —muller, 88 anos, patoloxías previas—
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
CASOS VINCULADOS A ESCOLAS INFANTÍS E CENTROS EDUCATIVOS TOTAL GALICIA NÚMERO DE POSITIVOS 484 AULAS PECHADAS 25 CENTROS PECHADOS 1
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais.