Galicia rexistra un total de 4.474 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.474, deles 766 son da área da Coruña, 460 da de Lugo, 1.512 da de Ourense, 511 da de Pontevedra, 467 da área de Vigo, 621 da de Santiago, e 137 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 39 están en UCI, 198 en unidades de hospitalización e 4.237 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.924 persoas curadas, rexistrándose 786 falecementos. Nás últimas horas produciuse un novo falecemento en centros hospitalarios. Trátase dunha muller de 94 anos falecida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. A falecida presentaba patoloxías previas.
O número de PCR realizadas é de 553.544.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 4.474 423 (usuarios) 141 (profesionais) FALECEMENTOS 786 151 (en residencias) 186 (en hospitais e residencias integradas)
Na xornada de onte rexistrouse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores Os Gozos do Pereiro do Aguiar e trátase dun home, de 84 anos e con patoloxías previas.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.