Galicia rexistra un total de 3.991 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.991 deles 1.425 son da área da Coruña, 798 da de Lugo, 386 da de Ourense, 271 da de Pontevedra, 302 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 150 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 159 en unidades de hospitalización e 3.817 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.039 persoas curadas, rexistrándose 651 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 349.050.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 3.991 168 (usuarios) 64 (profesionais) FALECEMENTOS 651 136 (en residencias) 150 (en hospitais e residencias integradas)
Na xornada de onte produciuse un falecemento en centro residencial. Este tivo lugar na residencia de maiores Orpea Coruña (Culleredo).
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.