Galicia rexistra un total de 3.514 casos activos por coronavirus
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.514, deles 1.247 son da área da Coruña, 304 da de Lugo, 225 da de Ourense, 457 da de Pontevedra, 606 da área de Vigo, 387 da de Santiago e 288 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 79 están en UCI, 319 en unidades de hospitalización e 3.116 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 107.951 persoas curadas, rexistrándose 2.275 falecementos.
Os últimos falecementos rexistrados nos centros hospitalarios galegos foron un varón de 79 anos que estaba ingresado no HULA; catro varóns de 78, 92, 78 e 67 anos que estaban ingresados no CHUAC e dous varóns de 83 e 77 anos, que estaban ingresado no CHUS.
O número de PCR realizadas é de 1.721.301.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 270.413.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente.
TOTAL GALICIA DENTRO DO TOTAL, VINCULADOS CON CENTROS RESIDENCIAIS NÚMERO DE CASOS 3.514 25 usuarios 6 profesionais FALECEMENTOS 2.275 355 en residencias 432 en hospitais e residencias integradas
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.